Entradas

We are the others - As culturas do mundo a través da música e a danza. Proxecto de intercambio cultural.

Imagen
 Este curso escolar, utilizando como inspiración o eixe de "Unha ventá aberta ao mundo", na aula de Música e facendo uso da Biblioteca escolar, os alumnos e alumnas de 4º e 5º EP traballamos ao longo do curso co lema "We are the others" ( Todos somos "os outros") para concienciar aos nenos e nenas do importante que é coñecer e apreciar a diversidade cultural do mundo. As manifestacións artísticas, como a música e o baile, amosan o carácter e esencia dun pobo, contan a través de movementos, cancións e instrumentos a súa historia, costumes e cultura. Comezamos aprendendo o retrouso desta canción, creada por un artista Xaponés que viaxou por diferentes campos de refuxiados de diferentes culturas do mundo, para comprender e compartir a música, os instrumentos, etc. E así aprendimos na aula a tocar este tema:  We are the others the dreamers and the lovers we are every color we are the others Aproveitamos tamén para buscar información na biblioteca sobre os inst

A AXENCIA DE VIAXES DE 4ºA

Imagen
 Os nenos e nenas de 4º A, na área de Proxecto Competencial, crearon a súa propia axencia de viaxes. Chamáronlle "Aeroviaxes Arzúa". Unha vez creada a empresa, por parellas, escolleron dous destinos de viaxe: Londes e París. Buscaron en Internet vuelos, hoteis, restaurantes, entradas, monumentos, transportes e organizaron as actividades a realizar no destino nas datas establecidas. Toda esta información recollérona nun tríptico co programa CANVA. Botádelle unha ollada!

DESCUBRINDO NOVOS PAÍSES

Imagen
O alumnado de 4º B, matriculado na materia de Proxecto Competencial, está realizando investigacións sobre distintos países do mundo. Primeiro situamos cada país nun planisferio e despois buscamos o seu idioma, a súa moeda, a súa bandeira, lugares famosos, comidas típicas e, por último, resaltaron algunhas curiosidades que lles chamaron especialmente a atención.  Este é o resultado do traballo realizado arredor de dous países: China e Colombia. 

O POBO INUIT

Imagen
Para o entroido a clase de 5 Anos A escollemos disfrazarnos de "esquimós" e por iso decidimos investigar e facer un traballiño sobre a cultura INUIT. Esta palabra significa "pobo", e non lles agrada que lles chamen esquimós, que significa "persoa que come carne crúa". Aprendemos cousas sobre onde viven, que comen, como se desprazan, que obxectos usan e con qué os fan. Teñen uns xogos e uns intrumentos musicais moi chulos. Tamén vimos que é a aurora boreal e os animais que viven preto dos inuit. Sabiades que no Polo Norte non hai pingüíns? Só viven no polo sur. Falamos do quentamento global e do desxeo dos casquetes polares cunha poesía sobre un osiño polar que estaba moi triste por este motivo. Fixemos un libriño no que recollemos as cousas que aprendemos e deixámosvos aquí unha pequena mostra das súas páxinas.

O ENTROIDO NO MUNDO

Imagen
      O alumnado de 4º A fixo un pequeno traballo de investigación para saber como se celebra o Entroido en distintos lugares do mundo. Estas fotografías recollen o seu traballo:

DESCUBRINDO NOVOS LUGARES DO MUNDO A TRAVÉS DA LECTURA

Imagen
O alumnado de 4º EP está traballando a comprensión lectora facendo uso de textos que nos achegan a outros países. Xa viaxamos ata Xapón, Mauritania, Exipto e Finlandia. Seguiremos con esta actividade ao longo deste curso.  Os nenos e nenas, despois de facer a ficha correspondente, investigan voluntariamente e tráennos á clase unha morea de información sobre o país en cuestión: onde está situado, que bandeira ten e o seu significado, idioma oficial, moeda que se emprega nese país e outras moitas curiosidades que chaman a súa atención.