We are the others - As culturas do mundo a través da música e a danza. Proxecto de intercambio cultural.
Este curso escolar, utilizando como inspiración o eixe de "Unha ventá aberta ao mundo", na aula de Música e facendo uso da Biblioteca escolar, os alumnos e alumnas de 4º e 5º EP traballamos ao longo do curso co lema "We are the others" ( Todos somos "os outros") para concienciar aos nenos e nenas do importante que é coñecer e apreciar a diversidade cultural do mundo. As manifestacións artísticas, como a música e o baile, amosan o carácter e esencia dun pobo, contan a través de movementos, cancións e instrumentos a súa historia, costumes e cultura.
Comezamos aprendendo o retrouso desta canción, creada por un artista Xaponés que viaxou por diferentes campos de refuxiados de diferentes culturas do mundo, para comprender e compartir a música, os instrumentos, etc.
E así aprendimos na aula a tocar este tema:
the dreamers and the lovers
we are every color
we are the others
Aproveitamos tamén para buscar información na biblioteca sobre os instrumentos que saen no vídeo, como son outras escolas no mundo, as súas costumes...
No segundo trimestre contactamos con Global Humanitaria para intentar colaborar e realizar un intercambio cultural cunha escola doutro país, e propuxéronnos contactar con Global Humanitaria Colombia, que realiza obradoiros da Décima Cimarrona na escola Santa Teresita de San Andrés de Tumaco, en Tumaco. Así, aprendimos sobre a tradición oral desta comunidade e preparamos tamén un vídeo contando algunhas curiosidades sobre a tradición lírica-oral de Galicia. Buscamos información sobre Colombia e Tumaco, e fixemos Lapbooks para aprender e resumir algúns aspectos importantes da nosa tradición popular.
Comentarios
Publicar un comentario