Entradas

A AXENCIA DE VIAXES DE 4ºA

Imagen
 Os nenos e nenas de 4º A, na área de Proxecto Competencial, crearon a súa propia axencia de viaxes. Chamáronlle "Aeroviaxes Arzúa". Unha vez creada a empresa, por parellas, escolleron dous destinos de viaxe: Londes e París. Buscaron en Internet vuelos, hoteis, restaurantes, entradas, monumentos, transportes e organizaron as actividades a realizar no destino nas datas establecidas. Toda esta información recollérona nun tríptico co programa CANVA. Botádelle unha ollada!

DESCUBRINDO NOVOS PAÍSES

Imagen
O alumnado de 4º B, matriculado na materia de Proxecto Competencial, está realizando investigacións sobre distintos países do mundo. Primeiro situamos cada país nun planisferio e despois buscamos o seu idioma, a súa moeda, a súa bandeira, lugares famosos, comidas típicas e, por último, resaltaron algunhas curiosidades que lles chamaron especialmente a atención.  Este é o resultado do traballo realizado arredor de dous países: China e Colombia. 

O POBO INUIT

Imagen
Para o entroido a clase de 5 Anos A escollemos disfrazarnos de "esquimós" e por iso decidimos investigar e facer un traballiño sobre a cultura INUIT. Esta palabra significa "pobo", e non lles agrada que lles chamen esquimós, que significa "persoa que come carne crúa". Aprendemos cousas sobre onde viven, que comen, como se desprazan, que obxectos usan e con qué os fan. Teñen uns xogos e uns intrumentos musicais moi chulos. Tamén vimos que é a aurora boreal e os animais que viven preto dos inuit. Sabiades que no Polo Norte non hai pingüíns? Só viven no polo sur. Falamos do quentamento global e do desxeo dos casquetes polares cunha poesía sobre un osiño polar que estaba moi triste por este motivo. Fixemos un libriño no que recollemos as cousas que aprendemos e deixámosvos aquí unha pequena mostra das súas páxinas.

O ENTROIDO NO MUNDO

Imagen
      O alumnado de 4º A fixo un pequeno traballo de investigación para saber como se celebra o Entroido en distintos lugares do mundo. Estas fotografías recollen o seu traballo:

DESCUBRINDO NOVOS LUGARES DO MUNDO A TRAVÉS DA LECTURA

Imagen
O alumnado de 4º EP está traballando a comprensión lectora facendo uso de textos que nos achegan a outros países. Xa viaxamos ata Xapón, Mauritania, Exipto e Finlandia. Seguiremos con esta actividade ao longo deste curso.  Os nenos e nenas, despois de facer a ficha correspondente, investigan voluntariamente e tráennos á clase unha morea de información sobre o país en cuestión: onde está situado, que bandeira ten e o seu significado, idioma oficial, moeda que se emprega nese país e outras moitas curiosidades que chaman a súa atención. 

MÁIS ALÁ DO HALLOWEEN

Imagen
 Nas últimas décadas a celebración do Halloween chegou a moitos países de Europa, incluíndo España. Na nosa aula xa sabiamos que esa festa ten á súa orixe na nosa celebración celta do Samaín, na que se agradecía a colleita do ano e recordaban aos que morreron,   pero este curso quixemos investigar outras tradicións do mundo nas que se honre e lembre aos defuntos e fixemos unhas manualidades sobre elas. Unha delas, son as Catrinas de México, que se usan o "Día de Muertos", tamén o 31 de Outubro: O equivalente ao Halloween en Tailandia é a festa do Phi Ta Khon, ou festival pantasma, que se celebra no verán: En Nepal recordan aos seus defuntos no Gai Jatra (Festa da vaca) cada  20 de agosto:

O FESTIVAL DA LÚA

Imagen
Cada ano a noite da primeira lúa chea do mes de setembro (que este ano cadrou no día 29 de setembro) en varios países orientais, como na China, celébrase dende fai moito tempo o Festival de Medio Outono ou Festival da Lúa. É unha tradición que comezou en tempos ancestrais para celebrar e agradecer a colleita do ano. Festéxase de noite, con luces de faroliños, desfiles de dragóns, comendo os seus típicos "pasteis de lúa" mirando de cara para o noso satélite, e contándolles aos máis cativos a lenda da deusa da lúa e do seu coello de xade. Na clase de 5 anos A do C.E.I.P. de Arzúa interesounos moito esta festividade e fixemos un libriño sobre ela.  Pasteis de lúa non tivemos, pero do resto, de case todo, e pasámolo xenial asomándonos á "Ventá do Mundo" e aprendendo cousas desta cultura tan interesante.