O FESTIVAL DA LÚA
Cada ano a noite da primeira lúa chea do mes de setembro (que este ano cadrou no día 29 de setembro) en varios países orientais, como na China, celébrase dende fai moito tempo o Festival de Medio Outono ou Festival da Lúa.
É unha tradición que comezou en tempos ancestrais para celebrar e agradecer a colleita do ano.
Festéxase de noite, con luces de faroliños, desfiles de dragóns, comendo os seus típicos "pasteis de lúa" mirando de cara para o noso satélite, e contándolles aos máis cativos a lenda da deusa da lúa e do seu coello de xade.
Na clase de 5 anos A do C.E.I.P. de Arzúa interesounos moito esta festividade e fixemos un libriño sobre ela.
Pasteis de lúa non tivemos, pero do resto, de case todo, e pasámolo xenial asomándonos á "Ventá do Mundo" e aprendendo cousas desta cultura tan interesante.
Comentarios
Publicar un comentario