Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

MURAL DO ALUMNADO DE 4º B

Imagen
O alumnado de 4º B realizou unha investigación sobre dous países: China e Colombia. Neste mesmo mural incluímos outros traballos que falaban doutros lugares do mundo. Así quedou o noso mural de aula.

We are the others - As culturas do mundo a través da música e a danza. Proxecto de intercambio cultural.

Imagen
 Este curso escolar, utilizando como inspiración o eixe de "Unha ventá aberta ao mundo", na aula de Música e facendo uso da Biblioteca escolar, os alumnos e alumnas de 4º e 5º EP traballamos ao longo do curso co lema "We are the others" ( Todos somos "os outros") para concienciar aos nenos e nenas do importante que é coñecer e apreciar a diversidade cultural do mundo. As manifestacións artísticas, como a música e o baile, amosan o carácter e esencia dun pobo, contan a través de movementos, cancións e instrumentos a súa historia, costumes e cultura. Comezamos aprendendo o retrouso desta canción, creada por un artista Xaponés que viaxou por diferentes campos de refuxiados de diferentes culturas do mundo, para comprender e compartir a música, os instrumentos, etc. E así aprendimos na aula a tocar este tema:  We are the others the dreamers and the lovers we are every color we are the others Aproveitamos tamén para buscar información na biblioteca sobre os inst...